lunes, 6 de junio de 2016

Acta final e memoria do grupo de traballo de Convivencia

1. Repasamos os acordos sobre a posta en marcha do taboleiro de igualdade: a. Forrarase o taboleiro de morado, encárgase de mercar e colocar: Olga Varela. Feito b. Reservarase un espazo permanente do panel que se titulará “Mulleres non recoñecidas”, que se poñerá a referencia de 2 mulleres quincenalmente, encargándollo a François tal como se ofreceu. Debemos volver a recordarllo. c. Habilitarase un buzón de suxestións ou denuncias, para colocar debaixo do panel. Falta de colocar. Entrega Isabel González de facer un pequeno texto explicativo para colocar no mesmo buzón. d. Para empezar publicando cuestións ao respecto do obxecto do panel, encargouse Beatriz Alonso de poñer o primeiro texto, tal como ofreceu. 2. Proposta definitiva do protocolo de cambio de clase. Aprobouse en Claustro. Faltan de colocar os reloxios. Valorase que xa se nota algún cambio a pesar de non terse comunicado formalmente o inicio da súa entrada en vigor 3. Valoración dos XOGOS DA IGUALDADE. Dáse conta das conclusións da reunión do pasado día 13 e acordase o seguinte: a. Non expoñer publicamente os resultados pormenorizados dado o seu carácter experimental. b. Propoñer ao equipo directivo do próximo curso que se estableza unha competición entre clases ao longo do curso, co obxectivo deste uso compartido dos espazos. Dadas as expectativas positivas que se xeraron. c. Propoñer ao equipo directivo do próximo curso que se estableza no organigrama do centro unha nova dinamización con liberación de 2 horas denominada: “Coordinador/a de espazos para a iguadade” d. Como proposta, non vinculante nin firme, a profesora Mar Hermida aceptaría esta dinamización. 4. Outras conclusións: a. Proponse que o protocolo de cambio de clase forme parte do Plan de Convivencia. b. Están rematados os traballos da adaptación formal do Plan de Convivencia ao novo decreto. c. Dáse por rematada tamén a revisión do protocolo da aula de reflexión nos termos propostos no novo documento. Valórase moi positivamente o traballo realizado, que será remitido ao novo equipo directivo para incorporar as novas propostas e consolidar as iniciadas.

Iniciativas para o día da muller. Grupo de traballo de convivencia do IES Afonso X O Sabio

Os responsables do grupo de traballo de convivencia con motivo da conmemoración do próximo día da muller traballadora e para fomentar a igualdade propón as seguintes actividades co alumnado: CONVIVENCIA PARA A IGUALDADE Realizaranse actividades (nas clases de atención educativa, nas titorías e en todas aquelas nas que o profesorado este disposto a adicarlle tempo ás estas actividades) sobre o tema: “A muller no mundo laboral” As actividades deberán tocar calquera dos seguintes aspectos: -Tempo que leva a muller dentro do mundo laboral. - Traballos ou actividades que se consideran tradicionalmente masculinas ou femininas (profesións, ciencia, arte…) - Postos de traballo que ocupan e condicións salarais. - Dereitos da muller. - Sufraxismo. Suxestións para as actividades sobre calquera dos aspectos mencionados anteriormente • Carteis ou muráis, que se expoñerán no mes de marzo no hall. • Presentacións dixitais, que se proxectarán na pantalla dixital do hall. • Pequenos traballos de investigación. • Debates. O traballo desenvolverase durante o mes de febreiro e no mes de marzo, cando se podrán expoñer os resultados das actividades levadas a cabo.

Protocolo Aula de Reflexión. Grupo de traballo de convivencia

Protocolo de cambios de clase

Dende o grupo de convivencia do profesorado estamos traballando unhas propostas para presentar ao claustro e pór en marcha ao longo deste trimestre. Tendo en conta os datos que aparecen na enquisa sobre convivencia respondida pola metade do profesorado e todo o alumnado, na que aparecía que a maioría das disrupcións se daban nos recreos e nos cambios de clase; pensamos que o número de conflitos entre o alumnado podería verse moi reducido se limitamos os momentos que estes están fóra das aulas. Diariamente, cando o profesorado entra na aula, observamos que o alumnado non ten os materiais correspondentes para utilizar na seguinte clase sobre a súa mesa. En xeral aínda se atopan sobre a mesma os materiais da clase anterior ou están a medio recoller, xerándose así unha situación de certo caos ao inicio da sesión. Ademais, é o profesorado quen ten que dar o aviso de substituír os materiais usados na clase anterior polos da seguinte. Isto dá lugar a que se dedique parte do tempo a completar este cambio. Co obxecto de axilizar o cambio de clase e que, á súa vez, o alumnado asuma a súa responsabilidade neste tema, propoñemos o seguinte: - Lembrar ao alumnado que non se pode saír aos corredores se teñen clase na súa aula e, no caso de ter que desprazarse á unha aula específica, non deben pararse nos corredores - O alumnado preparará os materiais correspondentes á clase seguinte nos últimos minutos da anterior, gardando de forma ordenada os da sesión actual. - Para facilitar o labor e evitar disrupcións cara ao remate das clases, poderá ser o alumnado (unha persoa designada polos titores mediante un sistema rotatorio, ou o delegado ou subdelegado elixido) o encargado de dar o aviso ao profesorado nos minutos finais. Deste xeito delegamos a responsabilidade nos propios rapaces. Sempre tendo en conta que o timbre avisa pero non ordena, o que fai a indicación de remate da sesión de clase sempre é o profesorado. - Imprescindible sería, polo tanto, a colocación dun reloxo en cada aula. Isto evitaría tamén que o alumnado interrompa a clase preguntando a hora aos seus compañeiros. Agradecemos toda suxestión que nos acheguedes e grazas pola valiosa colaboración.

Memoria final do seminario de Programas Europeos desenvolvidos no IES Afonso X O Sabio durante o curso 2015-2016

Memoria final dos grupos de traballo de Mindfulness no IES Afonso X O Sabio