viernes, 23 de febrero de 2018

Reunións do grupo de traballo de Creación de materiais para a plataforma eDixgal

Esta semana comezou o traballo do grupo de creación de materiais para as aulas virtuais e a plataforma e-Dixgal.

Nestas sesións de inicio, repasamos o aprendido nos cursos de achegamento e puxemos en común as nosas ideas. As conclusións foron moi interesantes, sobre todo porque nos dimos conta da necesidade de apoiarnos os uns aos outros, así como comprobamos que as necesidades duns non tiñan nada que ver coas necesidades doutros.

Este grupo de traballo súmase aos outros dous que temos en marcha actualmente no centro, que son o grupo de traballo de Convivencia e o grupo de traballo de programas europeos.

Decidimos que temos que ir, pouco a pouco, creando os nosos materiais, en moitos casos xa as docentes levan anos facendoo e subindo a distintas plataformas e valoramos os bos e os malos lados do uso do EVA  e outras ferramentas que se nos ofrecen para traballar co alumnado e para comunicarnos coa nosa comunidade educativa.

Moitas grazas ao profesorado asistente e participante, é un gusto traballar en equipo compartindo ideas, traballo e prácticas.

miércoles, 21 de febrero de 2018

Curso de inglés

O noso profesorado tamén ten que estudar inglés. Exactamente igual que se fai cos nosos rapaces e rapazas, nos últimos meses profesores e profesoras do noso centro estivéronse a reunir para estudar inglés básico para poder axudar nos proxectos europeos que se desenvolven no centro.

Todas unha boa iniciativa para a cal agradecemos a axuda do Departamento de Inglés.




jueves, 1 de febrero de 2018

Actividades do plan de formación: quén é Mar Romera?

Cando iniciamos o Plan de Formación no noso centro, alá polo 2013, o primeiro ano, puidemos contar coa presenza de Mar Romera Morón nunha xornada sumamente especial.
En primeiro lugar, traballou con rapaces do noso centro. Uns trinta estudantes puideron traballar con ela as súas emocións; en segundo lugar, tamén houbo escola para pais e nais e, finalmente, houbo formación para os docentes. A formación para os docentes foi moi intensa e reflectiva, entendimos todos os camiños para traballar coas nosas emocións de forma que, pouco a pouco, tamén soubésemos traballar coas dos rapaces.

Inda que nestes anos xa non hai a posibilidade de traer a xente de fóra, queremos seguir recordando as ensinanzas e o estímulo que foi esta actividade. E tamén sinalar que, este tipo de profesionais, son para nós un estímulo absoluto, xente a quen seguimos e que vemos nas súas conferencias cando veñen cerca de nós.

Esperamos que Mar poida volver pronto.