Mostrando entradas con la etiqueta Convivencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Convivencia. Mostrar todas las entradas

jueves, 1 de febrero de 2018

Actividades do plan de formación: quén é Mar Romera?

Cando iniciamos o Plan de Formación no noso centro, alá polo 2013, o primeiro ano, puidemos contar coa presenza de Mar Romera Morón nunha xornada sumamente especial.
En primeiro lugar, traballou con rapaces do noso centro. Uns trinta estudantes puideron traballar con ela as súas emocións; en segundo lugar, tamén houbo escola para pais e nais e, finalmente, houbo formación para os docentes. A formación para os docentes foi moi intensa e reflectiva, entendimos todos os camiños para traballar coas nosas emocións de forma que, pouco a pouco, tamén soubésemos traballar coas dos rapaces.

Inda que nestes anos xa non hai a posibilidade de traer a xente de fóra, queremos seguir recordando as ensinanzas e o estímulo que foi esta actividade. E tamén sinalar que, este tipo de profesionais, son para nós un estímulo absoluto, xente a quen seguimos e que vemos nas súas conferencias cando veñen cerca de nós.

Esperamos que Mar poida volver pronto.

domingo, 5 de noviembre de 2017

Curso 2017-18. Continuación do Plan de Formación

Un novo curso escolar comeza e no IES Afonso X O Sabio estamos preparando a continuación do Plan de Formación (PFPP) para o noso profesorado. Durante os cursos 2016-18 estamos desenvolvendo un proxecto coas seguintes liñas:

1. Integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital
2. Programas europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento


Para levar a cabo estas dúas liñas, no presente curso escolar o profesorado do IES Afonso X O Sabio realizará as seguintes actividades formativas:

Cursos
1. Curso de formación sobre eDixgal
2. Aplicación e creación de materiais. Exelearning
3.Gamificación
4. Inglés básico para viaxeiros

Seminarios e grupos de traballo
1. Estudo sobre a convivencia no IES Afonso X O Sabio
2. Creación de materiais para a plataforma eDixgal e as aulas virtuais do centro
3. Erasmus+, xestión dos programas europeos do IES Afonso X O Sabio

É importante sinalar que a participación do profesorado vai ser maioritaria e estamos moi orgullosos da implicación do profesorado do IES Afonso X O Sabio na formación permanente, así como a súa colaboración nos proxectos de centro que permiten que traballemos cada día por ter o mellor centro posible.

Por último, sinalar que é a nosa intención realizar xornadas abertas a toda a comunidade educativa, potenciar a relación entre a ANPA e o profesorado.