viernes, 23 de febrero de 2018

Reunións do grupo de traballo de Creación de materiais para a plataforma eDixgal

Esta semana comezou o traballo do grupo de creación de materiais para as aulas virtuais e a plataforma e-Dixgal.

Nestas sesións de inicio, repasamos o aprendido nos cursos de achegamento e puxemos en común as nosas ideas. As conclusións foron moi interesantes, sobre todo porque nos dimos conta da necesidade de apoiarnos os uns aos outros, así como comprobamos que as necesidades duns non tiñan nada que ver coas necesidades doutros.

Este grupo de traballo súmase aos outros dous que temos en marcha actualmente no centro, que son o grupo de traballo de Convivencia e o grupo de traballo de programas europeos.

Decidimos que temos que ir, pouco a pouco, creando os nosos materiais, en moitos casos xa as docentes levan anos facendoo e subindo a distintas plataformas e valoramos os bos e os malos lados do uso do EVA  e outras ferramentas que se nos ofrecen para traballar co alumnado e para comunicarnos coa nosa comunidade educativa.

Moitas grazas ao profesorado asistente e participante, é un gusto traballar en equipo compartindo ideas, traballo e prácticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario