jueves, 27 de febrero de 2020

¿CÓMO TRABALLAR CON ALUMNOS/AS CON PROBLEMAS EN LECTO ESCRITURA?


Un grupo de profesores/as do IES Afonso X O Sabio estamos a recibir formación para aprender a axudar ao noso alumnado con problemas de lecto-escritura a mellorar as súas competencias e así poder superar as súas dificultades de aprendizaxe.
Aprendimos sobre todo a ter en conta que non todo o alumnado aprende igual e nos, como profesores/as temos que aprender a ensinar tendo en conta o proceso de aprendizaxe do noso alumnado.
No link que aparece a continuación tedes información da presenza nos medios de comunicación da nosa actividade.


viernes, 23 de febrero de 2018

Reunións do grupo de traballo de Creación de materiais para a plataforma eDixgal

Esta semana comezou o traballo do grupo de creación de materiais para as aulas virtuais e a plataforma e-Dixgal.

Nestas sesións de inicio, repasamos o aprendido nos cursos de achegamento e puxemos en común as nosas ideas. As conclusións foron moi interesantes, sobre todo porque nos dimos conta da necesidade de apoiarnos os uns aos outros, así como comprobamos que as necesidades duns non tiñan nada que ver coas necesidades doutros.

Este grupo de traballo súmase aos outros dous que temos en marcha actualmente no centro, que son o grupo de traballo de Convivencia e o grupo de traballo de programas europeos.

Decidimos que temos que ir, pouco a pouco, creando os nosos materiais, en moitos casos xa as docentes levan anos facendoo e subindo a distintas plataformas e valoramos os bos e os malos lados do uso do EVA  e outras ferramentas que se nos ofrecen para traballar co alumnado e para comunicarnos coa nosa comunidade educativa.

Moitas grazas ao profesorado asistente e participante, é un gusto traballar en equipo compartindo ideas, traballo e prácticas.

miércoles, 21 de febrero de 2018

Curso de inglés

O noso profesorado tamén ten que estudar inglés. Exactamente igual que se fai cos nosos rapaces e rapazas, nos últimos meses profesores e profesoras do noso centro estivéronse a reunir para estudar inglés básico para poder axudar nos proxectos europeos que se desenvolven no centro.

Todas unha boa iniciativa para a cal agradecemos a axuda do Departamento de Inglés.




jueves, 1 de febrero de 2018

Actividades do plan de formación: quén é Mar Romera?

Cando iniciamos o Plan de Formación no noso centro, alá polo 2013, o primeiro ano, puidemos contar coa presenza de Mar Romera Morón nunha xornada sumamente especial.
En primeiro lugar, traballou con rapaces do noso centro. Uns trinta estudantes puideron traballar con ela as súas emocións; en segundo lugar, tamén houbo escola para pais e nais e, finalmente, houbo formación para os docentes. A formación para os docentes foi moi intensa e reflectiva, entendimos todos os camiños para traballar coas nosas emocións de forma que, pouco a pouco, tamén soubésemos traballar coas dos rapaces.

Inda que nestes anos xa non hai a posibilidade de traer a xente de fóra, queremos seguir recordando as ensinanzas e o estímulo que foi esta actividade. E tamén sinalar que, este tipo de profesionais, son para nós un estímulo absoluto, xente a quen seguimos e que vemos nas súas conferencias cando veñen cerca de nós.

Esperamos que Mar poida volver pronto.

miércoles, 29 de noviembre de 2017

Inicio do PFPP: Curso de formación sobre e-Dixgal

Hoxe comezamos o curso de formación de introdución ao e-Dixgal co asesor Abalar Ramón Gil Sánchez.


Xa estamos abrindo cursos novos e descubrindo as posibilidades dos mesmos...

domingo, 5 de noviembre de 2017

Curso 2017-18. Continuación do Plan de Formación

Un novo curso escolar comeza e no IES Afonso X O Sabio estamos preparando a continuación do Plan de Formación (PFPP) para o noso profesorado. Durante os cursos 2016-18 estamos desenvolvendo un proxecto coas seguintes liñas:

1. Integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo cooperativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital
2. Programas europeos e internacionais: accións e plans de promoción e desenvolvemento


Para levar a cabo estas dúas liñas, no presente curso escolar o profesorado do IES Afonso X O Sabio realizará as seguintes actividades formativas:

Cursos
1. Curso de formación sobre eDixgal
2. Aplicación e creación de materiais. Exelearning
3.Gamificación
4. Inglés básico para viaxeiros

Seminarios e grupos de traballo
1. Estudo sobre a convivencia no IES Afonso X O Sabio
2. Creación de materiais para a plataforma eDixgal e as aulas virtuais do centro
3. Erasmus+, xestión dos programas europeos do IES Afonso X O Sabio

É importante sinalar que a participación do profesorado vai ser maioritaria e estamos moi orgullosos da implicación do profesorado do IES Afonso X O Sabio na formación permanente, así como a súa colaboración nos proxectos de centro que permiten que traballemos cada día por ter o mellor centro posible.

Por último, sinalar que é a nosa intención realizar xornadas abertas a toda a comunidade educativa, potenciar a relación entre a ANPA e o profesorado.




lunes, 6 de junio de 2016

Acta final e memoria do grupo de traballo de Convivencia

1. Repasamos os acordos sobre a posta en marcha do taboleiro de igualdade: a. Forrarase o taboleiro de morado, encárgase de mercar e colocar: Olga Varela. Feito b. Reservarase un espazo permanente do panel que se titulará “Mulleres non recoñecidas”, que se poñerá a referencia de 2 mulleres quincenalmente, encargándollo a François tal como se ofreceu. Debemos volver a recordarllo. c. Habilitarase un buzón de suxestións ou denuncias, para colocar debaixo do panel. Falta de colocar. Entrega Isabel González de facer un pequeno texto explicativo para colocar no mesmo buzón. d. Para empezar publicando cuestións ao respecto do obxecto do panel, encargouse Beatriz Alonso de poñer o primeiro texto, tal como ofreceu. 2. Proposta definitiva do protocolo de cambio de clase. Aprobouse en Claustro. Faltan de colocar os reloxios. Valorase que xa se nota algún cambio a pesar de non terse comunicado formalmente o inicio da súa entrada en vigor 3. Valoración dos XOGOS DA IGUALDADE. Dáse conta das conclusións da reunión do pasado día 13 e acordase o seguinte: a. Non expoñer publicamente os resultados pormenorizados dado o seu carácter experimental. b. Propoñer ao equipo directivo do próximo curso que se estableza unha competición entre clases ao longo do curso, co obxectivo deste uso compartido dos espazos. Dadas as expectativas positivas que se xeraron. c. Propoñer ao equipo directivo do próximo curso que se estableza no organigrama do centro unha nova dinamización con liberación de 2 horas denominada: “Coordinador/a de espazos para a iguadade” d. Como proposta, non vinculante nin firme, a profesora Mar Hermida aceptaría esta dinamización. 4. Outras conclusións: a. Proponse que o protocolo de cambio de clase forme parte do Plan de Convivencia. b. Están rematados os traballos da adaptación formal do Plan de Convivencia ao novo decreto. c. Dáse por rematada tamén a revisión do protocolo da aula de reflexión nos termos propostos no novo documento. Valórase moi positivamente o traballo realizado, que será remitido ao novo equipo directivo para incorporar as novas propostas e consolidar as iniciadas.